O galego que non fala na lingua da súa terra nin sabe o que ten de seu nin é merecente dela

(Castelao)

sábado, 25 de diciembre de 2010

"Queridos Reis Magos"

Inocencia ten seis anos recen cumpridos. Ates da chegada do Nadal terá pensado moi a fondo os agasallos que desexa que Melchor, Gaspar e Baltasar lle outorguen ao carón da súa cheminea. Estará inquieta durante esas últimas semanas. A pesar de que aínda non rematase o colexio a súa carta leva varios días escrita. Finalmente decidirá pechala e entregarlla a súa nai para que a faga chegar aquel lugar tan afastado ao que todos chaman Oriente pero ninguén sabe de certo onde está. Cando chegue a fantástica noite do cinco de Xaneiro e se meta na cama, o seu último pensamento será o protagonizado polos tres Reis Magos. Soñará con camelos cargados de regalos, con aquel detalle que esqueceu incluír na carta e con tódolos agasallos extras que chegaron de forma máxica a casa de algún que outro familiar a pesar de non deixarlle as súas botas ao carón da arbore; ao fin de contas son magos, coñéceno todo. Cando desperte o seu primeiro recordo faraa saltar dun pulo da cama e correra a despertar ao seu irmán pequeno, Iluso, que ao igual que Inocencia levaba dias agardando ese día. Xuntos correrán ata o salón, onde súa nai, Felicidade levaba xa un rato esperándoos. As súas peticións parecen estar envolvidas en papeis de cores que serán abertos ante os fortes latexos dos seus corazóns que semellaban estar a piques de saírlles do peito. Ao velos regalos, crerán que si é verdade, que os soños se cumpren e que a maxia existe.

Picardía ten once anos recen cumpridos. Antes da chegada do Nadal levaba varios días sospeitando e facéndolles preguntas aos seus pais acerca da chegada daqueles tres Reis Magos. Esa desconfianza levaraa a perda da ilusión e da fantasía que anos atrás a envolvera. Seu irmán, mais pequeno, continuaba manténdose firme nas súas crenzas mentres ela desexaría volver atrás no tempo, facer como se non soubese nada e continuar impregnándose desa maxia que agora carecía e a vez estrañaba. Porén algo fallaba, algo dentro dela comezáballe a dicir que non tódolos soños se cumpren.

Rebeldía ten dezasete anos. Ante a chegada do Nadal mostrase coa alegría de saber que as ansiadas vacacións por fin chegaban e con elas os pactos nos horarios de saídas nocturnas como quen sae na procura deses tres grandes magos. Os cales na súa casa non paraban con ningún camelo dende fai xa algún tempo, aqueles que dicían ser tres, agora parecían ser tan só dous. Rebeldía, desexaría poder escribir unha carta a un lugar afastado, na cal non se recollería nada material, senón que aqueles valores que seus pais lle dicían de cativa que incluíse na súa carta serian agora parte das súas propias peticións. Poder pórlle un selo cunha dirección concreta e pechar os ollos con forza como esforzándose por que algo se cumpra, entón así, de novo volvería a crer que os soños se cumpren e que a maxia si existe. Pois Inocencia, Picardía e Rebeldía forman parte dun mesmo todo a pesar de que xa non aparecen repartidas coas mesmas proporcións, dándolle cada vez maior prioridade a esta última.

domingo, 12 de diciembre de 2010

Entende o deporte de sexo?

Tiña moitas ganas dende fai tempo de facer esta entrada. Seguro que me quedarei curta a hora de escribir, coma sempre deixarei detalles sen nomear a pesar de que me gustaría facelo pero polo menos o que escriba espero que quede ben expresado e acorde ao que realmente quero relatar. Moitas grazas de antemán a todo aquel que lle dedique unha pequena parte do seu tempo a ler isto.

O deporte foi considerado dende os seus inicios como "cousa de homes" e aínda hoxe, no século XXI non son poucas as persoas que aínda defenden ese tópico. Non son soamente algúns homes o que o consideran así senón que tamén algunhas mulleres son partícipes. En persoas de certa idade poderíase comprender debido a educación que recibiron nuns tempos nos cales o papel da muller na sociedade era nulo, porén na xuventude manifesta a sociedade conservadora e pouco animada ao cambio ou ao avance na cal vivimos.

En certos deportes dalgún modo si é permitida a participación da muller mentres noutros non está tan recoñecida; sendo o fútbol o rei no mundo do deporte. Dende cando o fútbol e un sinónimo de deporte?. Por exemplo, un atleta de elite leva a cabo unha preparación e un esforzo abismal ao lado dun futbolista sendo o seu peto tamén un abismo. Sei de certo que si pregunto polo nome dunha futbolista española dubido moito obter respostas. Haber hainas e si non se chegan a coñecer non é porque o seu papel como deportistas sexa malo senón que nos medios de comunicación cotiáns non o mostran e obviamente non se pode obter repercusión algunha. Ao abrir calquera xornal deportivo pódese probar perfectamente. Ao final, nas últimas páxinas en dúas carillas ou como moito en tres poden lerse pequenas anotacións que fan referencia ao deporte feminino en contraposición dos artículos restantes que falan maioritariamente sobre fútbol no ámbito masculino, predominando os dous clubs fortes presentes en España.

En canto ao baloncesto.... todo o mundo recoñece a Rudy Fernández, pero súa irma Marta Fernández, gran deportista no que o baloncesto feminino concirne, alguén a recoñecería? seu irmán podería vivir unha e outra vez co diñeiro que desembolsa mais Marta teno bastante máis difícil. O baloncesto feminino non vende, as únicas mulleres que se ven nunha cancha de baloncesto a través de canles que chegan a calquera fogar de España son as animadoras ou as bailarinas que saen ao terreo de xogo mentres este está detido. A repercusión nos medios sobre o tenis non é moita e a gran maioría, sabemos de que xénero é. No casting que levou a cabo unha das marcas patrocinadoras no pasado Máster encargouse de elixir as modelos recollepelotas, máis tarde tamén serían seleccionados eles con unha intención moi clara ao igual que noutros deportes como Fórmula 1 ou en Motociclismo o papel das chicas está moi ben determinado, cumpren unha función moi importante. As denominadas "umbrella girls"polos americanos, aínda que non chova nin faga sol elas aló están, na parrilla de saída co seu mellor sorriso crendo que forman parte do mundo deportivo. Está moi claro que o deporte é sexista ao igual que a publicidade e mesmo os medios de comunicación ou os propios seguidores e seguidoras. Hai quen ve o fútbol por ver o torso de 22 xogadores nun terreo de xogo ao igual quen hai que apostaría por ver un torneo de voleibol feminino no cal o uniforme deixa ver perfectamente as curvas das xogadoras... Pérdese de vista o deporte pero mentres haxa demanda na taquilla e audiencia diante dun televisor todo irá ben.

Todos os nenos nalgún momento da súa infancia reciben un balón como agasallo e algúns deles dánse conta de que o fútbol non lles gusta mentres o pai forofo por tal deporte síntese un tanto alarmado. Un día ese neno descobre que lle encanta o baile, sentirase como o pequeno Billy Elliot facendo soar tódalas alarmas ante o incrédulo de seu pai. Por que non ía a poder bailar si é o que realmente lle gusta? ah! olvidaba que ese si pode ser un deporte considerado "cousas de mulleres", non é así? E o mesmo pasa a inversa. Unha cativa que lle gusta xogar coas súas "barbies" e as súas bonecas tamén lle pode gustar xogar ao fútbol, por que non ía poder facelo?; por que custa tanto entender que unha cousa non quita a outra? Acaso o deporte non é saudable e recomendable? Parece ser cousa do diaño ver a unha rapaza xogando ao rugby, ese deporte tan masculino que require tanta forza! ou dándolle patadas a un balón. Impensable para moitos! Non son poucos os comentarios que se oen pero si son poucas as respostas que se dan para poder defendelo.

martes, 30 de noviembre de 2010

Raíces, terra, vergoña e tripar uns nos outros parece ser o "quid" da cuestión

Día a día camiñando pola rúa encóntraste con caras novas, con miradas distintas ou tal vez non sexan novas, simplemente non te fixaras nunca antes. Indefinido número de persoas se cruzaron, cruzan e cruzaran durante as nosas vidas. Algunhas teremos o pracer de coñecelas e descubrir algo novo e outras… serán tan só un individuo máis para nós e especial ao mesmo tempo para moitas outras. Alguén dixo unha vez que ninguén se cruza na túa vida só por casualidade, entran por unha razón, durante unha estación ou unha vida enteira. Os que foron quedando nun recuncho da miña memoria, pregúntome que sería deles, recordo bos momentos gardando certa nostalxia e valorando detalles que no seu momento non querían dicir nada e que agora podería extraer tanto deles que me permitirían escribir durante horas. Quen sabe… tal vez algún día volva a atoparme con eles.

A miña historia está escrita nalgún lugar e tras de min chegarán novos personaxes escribindo a súa propia. Quedando os antecesores no anonimato ao igual que hoxe descoñezo cales son os meus. Gustaríame poder deixar algún sinal da miña existencia pero non son ninguén. Intento facer a miña propia árbore xenealóxica pero algunhas pólas caen polo seu propio peso e as máis altas confúndense quedando baleiras, sen sentido, sen significado. So podería recoller unha pequena parte do que hoxe son. So podería descubrir un nome e coma moito o primeiro apelido dalgún tataravó, persoa non intelectual a cal non supón un feito relevante na historia pero quen de verdade a crearon foron eles atribuíndo méritos aos OUTROS. Non dispuña sequera de medios para chegar a perder o seu anonimato e que asoballado durante toda a súa vida víase obrigado a baixar o sombreiro cada vez que se atopaba ante o "rico" dono das terras e dono da súa vida ata certo punto. Coma este moitos máis se viron na mesma situación. Coñecían mellor ca ninguén o que era o sacrificio, a resignación, o medo e o valor das cousas pequenas en contraposición aos poucos que dispuñan de todo o que desexasen dende o seu nacemento. Mesmo antes de nacer xa dispuñan dun posto dirixente na sociedade.


Porén, hoxe ninguén se acorda diso, vivimos rodeados de "gente bien" que renega das súas raíces humildes ou de todo o parecido a dito termo. Tripando un nos outros e esfolándose ou non por chegar ao máis alto, un alto cheo de inseguridades para os que o acadan por méritos propios e a vez é un alto asegurado para os nados no seo dunha familia de gran historia económica que tentará sempre arrumbar aos que de verdade merecen estar aí.





miércoles, 27 de octubre de 2010

Samhain cultura celta

Samhain! que mágoa que nós, influenciados en gran medida pola cultura dos antigos celtas (entre outros pobos) tan só nos dediquemos a comer castañas e visitar os cementerios en honra aos que xa non están.
É unha celebración de orixe celta que os escotos (celtas irlandeses) levaron ao outro lado do mar (alí converteuse en algo totalmente comercial). Hoxe en día nalgunhas zonas de Irlanda ou Escocia aínda se segue festexando. Non só como o día dos difuntos, tamén é unha data de apertura a outros mundos (ese sería o seu fundamento).
O que de verdade está claro é que forma parte dunha cultura que se perdeu e que hoxe é “copiada” de novo pensando só nos beneficios económicos do comercio. O chamado Halloween polos americanos, chegou a eles a través dos pobos celtas europeos.

Cada quen é libre de festexar ese día como queira ou como o sinta, pero que só se mostre interés por unha tradición tan antiga cando se ven cartos de por medio fai que pouco a pouco TODO perda o seu verdadeiro significado.

domingo, 17 de octubre de 2010

Xogamos?

Lanzo dous dados sobre o taboleiro e movo según o que eles prevén. Avanzo cara a casilla elixida pero de pronto sucede algo que me fai retroceder sobre os meus propios pasos. Como o mítico xogo da oca, nalgunhas ocasións avanzaba mais casillas das que o dado me permitía.
Continúo xogando e despois de camiñar un par de recadros atópome coa caveira. Os esforzos por aproximarme a meta parece que non serven de nada e de novo comeza o xogo.
Estou na casilla inicial coa mesma ilusión que no meu primeiro intento. Non me rindo e tiro os dados unha vez máis, caendo esta vez sobre unha ponte. Seguindo as regras: “de ponte a ponte tiro porque me avanza a corrente”, arrastrada como un monicreque nunha obra teatral infantil. Persoas manipuladoras e con mais maldade ca miña lévanme a retroceder ata un antigo ponte.
Comezo de novo, un pouco mais desanimada, pero continuo. Pouco despois caio presa na cárcere. Debo esperar a que alguén pase por aquí para que me bote unha man, agardo pero non vexo ninguén ao meu carón. Tal vez esté a xogar soa.
Os que antes me arrastraron cara a ponte agora parece que non están dispostos a axudarme. Énchome de valor e consigo saír polos meus propios medios. Aínda que isto me faga ir contra as normas, ninguén me pode deter; este é o meu xogo e non o quero perder.
Finalmente, guiada polo azar chego a miña meta. Sen esquecer que ao outro lado do taboleiro atopase o xogo das catro cores.
Que cor serei agora? Azul, amarelo, vermello ou verde? Porén, mentres os dados esten presentes e se deslicen por as casillas numeradas e escritas, que mais dá o que eu elixa… o que importa e ter gañas de xogar, e… o máis importante: GAÑAR.


domingo, 26 de septiembre de 2010

Unha parte de min

María, ese é o nome que meus pais me deron un 21 de maio. Nome cuxo significado é a amante de Deus, nome que según din estudos, caracterízanme como unha persoa amante do fogar e da familia. Estou a nomear a miña familia, quen o ía dicir. Destrás desta imaxe aparente de persoa forte, alegre, que lle costa demostrar os seus sentimentos máis verdadeiros e íntimos está a falar da familia. Xa non é so o denominado poder do sangue, son as miñas raíces, o esprendor de sentimentos que con eles vives. Son os pequenos detalles os que os fan grandes e o mesmo tempo son os que me fan feliz.
Crecín e vivín ata o de agora aquí, lonxe das ruidosas cidades. Este é o meu lugar, o que coñecín ao azar dentro do seo dunha familia na que tamén intevén o azar e o destino. Afortunada ata o de agora, penso vagamente no que me depara o futuro sen achar resposta para as miñas preguntas ou os meus temores. Creo no poder do destino. Se algo ten que ocorrer, pasará antes ou despois sen poder remedialo. Os meus pasos só deciden o camiño que tomarei ata certo punto.

Lonxe das malas falas definome como unha persoa sinxela que lle gusta contaxiar a súa alegría a todo aquel que a sepa interpretar. Sendo capaz de pasar dun momento alegre ao máis triste que sen poder evitalo se mostra no meu rostro, e sobre todo na miña mirada. A única que non podo calar. Gustame reflexionar, aprender e saber interpretar o que está pasando ao meu carón. Disfruto con cualquer deporte dende cativa. Encantame vacilar e dar a vara a xentiña ca que estou máis cómoda. Adoro ir a aldea, estar en contacto coa natureza e disfrutar coa xente que ali vive. Non me gusta a envexa, nin a xente que te mira por riba do hombreiro, encantanme as persoas sinxelas coas que podes falar de cualquer tema sen medo a ser cuestionada. Non me gustan as mentiras nin a xente que non cumple o que promete. Non soporto as discusións, xa que me fan sentir mal comigo mesma. Intento porme no lugar dos demáis para comprender mellor o seu punto de vista pero en determinados asuntos teño que recoñecer que me é imposible poder comprendelo!

Gústame mirar ao ceo, especialmente no verán, ver un ceo compretamente azul con algunha que outra pequena nube que lle busco forma. En todas vexo a mesma figura. Un cabalo erguido sobre as súas patas traseiras. Pode que sexa a representación do meu carácter. Un caracter forte que se sinte debilitado cada vez que se sinte ofendido e intenta impoñerse.
Nas noites de verán disfruto mirando á lúa. Sen ningunha dúbida a lua chea ou a nova e a miña favorita. Brillando sobre o ceo escuro e salpicado polo parpadeo de preciosas estrelas.

Tamén me encanta ver a pegada que un avión a 1000km/h deixa sobre min, mentres por un intre me paro a pensar en cal será o seu destino e nos ocupantes que van nel. Persoas que coma min teñen o seu día a día e aínda que non compartamos os mesmos rasgos étnicos, nin teñamos a mesma fala estou segura que a forma de sentir é a mesma e non importa como chamemos a Deus nin a cor da pel.

Adoro sentir o vento no meu rostro, as gotas de choiva resbalar sobre o meu corpo e camiñar descalza sobre a herba ou a area. Encantame ler e imaxinar todo o que leo. Pensar e perderme nos meus propios pensamentos ata que estes me levan de novo a realidade.
Esta son eu... ou polo menos é unha parte de min xa que seguro que deixo numerosos detalles por mencionar. Detalles que constitúen a miña propia esencia...
.

lunes, 12 de julio de 2010

Campeóns do mundo- Mundial 2010

Os dous equipos saen ao terreno de xogo. As cores e os gritos mestúranse entre gorros, bandeiras e rostros pintados. Por ambos lados e non moi lexos escoitas o ruido de trompetas e de bombos que fan confundir por momentos a voz do comentarista. Escoitas abucheos para o equipo rival e aplausos e palabras de ánimo para “os nosos”.
Xa está todo en orde di o colexiado. Bota man do seu chifre, mentres alguén comenta detrás túa “silencio que xa comeza” ese pitido inicial fai que durante eses 90 minutos de partido e os próximos 30 de prórroga, olvides de cómo te chamas, de onde estás, de quen es, méteste tanto no partido que es como un xogador máis.
O balón xa é acariciado polo teu equipo, acercase a área, todo o estadio se paraliza por un intre, toda España queda muda e… uf! Da mesma forma que a xogada de ouro do perigoso e fráxil extremo esquerdo holandés fainos temer o peor.
Sona o pitido final e os goles non chegan, a tensión e a emoción é máxima. Aínda temos esa media hora para marcar. O ansiado gol non chegaba. Cando só quedaban eses 4 minutos aparece un Iniestazo! O balón choca contra a rede e sae despedido, veremos ese gol infinidade de veces e non nos cansaremos, ese gol vale un mundial, o noso primeiro mundial!
A alegría explota, nótase nos rostros, nas expresións, nas miradas, na pel... Titulares e suplentes únense formando unha piña e tu mentres levantaste emocionado/a do teu asento, gritando o esperado e merecidisimo GOOOL, liberando toda esa tensión acumulada. É toda unha descarga de adrenalina. Saltas tu solo/a, miras o teu carón e todos saltan, aquí entre nos non hai rivais, abrazas os do teu lado e… é unha sensación fantástica para todos/as e en especial para quen ama o deporte, para os e as apasionadas do fútbol que comprenden con maior facilidade do que estou a falar.
Realmente INOLVIDABLE!

lunes, 21 de junio de 2010

Apelidos Galegos

Os apelidos foron transmitidos de xeracións en xeracións ao longo dos séculos como sinal de identidade e dalgunha forma dispoñen dun importante valor patrimonial.
Existe unha aplicación do “Instituto da Lingua Galega” que che permitirá ver os teus apelidos por municipios e o número de persoas que comparten os mesmos. Aquí vos deixo o link da aplicación: Cartografía dos apelidos de Galicia

Tamén se queres saber a súa orixe entra aquí.


martes, 1 de junio de 2010

Por que en galego e non en castelán?

Cada vez van a menos o número de galegofalantes cousa que nunca entenderei, supoño que será polos diversos prexuízos que sufriu ao longo da historia a nosa lingua e de ser así de continuar tendo a mesma mentalidade que en séculos pasados paréceme de ignorantes. É certo que cada un é libre de falar na lingua que lle pete e máis estando nunha sociedade diglósica. Pero estou farta de oír que o galego non serve de nada, que é feo, que non me gusta, que é de incultos, que non me sae…
Persoalmente síntome orgullosa de pertencer a unha lingua e cultura propia, orgullosa de todas esas costumes, cociña, lendas e historias galegas, dunha ou outra forma son miñas. A lingua da miña terra, na que nacín e me criei, a que me deu a coñecer o que realmente significa sentir morriña.
Porque eu sempre preguntarei, por que en castelán e non en galego?



viernes, 28 de mayo de 2010

Test de concentración

Realmente a túa concentración é un punto forte? comprobao co seguinte vídeo.

jueves, 27 de mayo de 2010

Vínculos entre xemelgos

Para todos aqueles que pensen que os xemelgos sinten as dores do outro ou para os que cren que teñen conexións psíquicas de algún tipo.

Afán de lucro das multinacionais farmacéuticas

Cada vez son máis as sospeitas e a desconfianza que caen sobre as multinacionais farmacéuticas que se dedican a crear medicamentos que non curan, que tan só fan reducir os efectos prexudiciais de enfermidades como condición previa para o próspero futuro do seu negocio. Como en toda gran empresa, como o gran sistema capitalista, o afán de lucro non pode faltar. Por non falar de todas esas enfermidades pouco comúns para as cales e mellor ignorar, resultaría inútil e incluso lóxico investir un diñeiral nun medicamento no que a demanda sexa tan pequena que os costes de investigación e desenvolvemento nunca se recuperarían, non existirían as ganancias con elas. Pero... seguiríanos parecendo lóxico se nos mesmos sufriramos unha enfermidade rara ou algúns dos nosos achegados? Abofé que NON. E de ser unha enfermidade expandida como pode ser o cancro, compensaría economicamente curar a tanto enfermo? soan moi crueis as miñas palabras, oxalá me equivoque e algún día teña que rectificar.

Así pois, tampouco se pode pasar por riba o papel dos países subdesenvolvidos, nos cales son levados a cabo ensaios clínicos cobrándose a vida doutras persoas ou deixándoos simplemente con danos irreversibles.
María




viernes, 14 de mayo de 2010

Enfermidade do olvido

De que serve vivir moitas experiencias si o final non se lembrarán de nada nin de ninguén, tal vez non sirva de nada, pero nese caso, mentres están aí aínda podes acaricialos, abrazalos, dicirlle mil veces o moito que lle queres a pesar de nunca antes ser capaz de dicirllo. Oxalá valoremos e coidemos sempre da nosa xente.

miércoles, 12 de mayo de 2010

Unha vida no mar

Hogano consumimos productos que veñen do mar. Sentámonos a mesa e non nos percatamos do traballo realmente duro e pouco valorado dos homes e mulleres que o fan chegar ata onda nós. O traballo dun pescador por exemplo, que sae ao mar sen saber de certo que podrá atopar un gran banco de peixes que lle permitan manter a súa familia. Traballando de sol a sol, descansando o máis mínimo, xogándose a vida, alexados da súa terra, da súa familia, con fortes ventos e tormentas... Se a recollida é menor cos gastos, a tripulación non cobrará nada tralo sacrificio realizado. Despois de todo continuamos pensando que o pescado está caro? ou pola contra, non debería estalo aínda máis? Toda esta xente depende de como soplan os ventos, das correntes do mar e mesmo dos prezos. O único realmente certo é o sacrificio que a diario estas persoas realizan e a desesperación de toda unha familia ante a ausencia e a sempre desconfianza de se todo irá ben...

María

jueves, 1 de abril de 2010

A Santa compaña, crenza mítica

Quizais sexa, unha das crenzas míticas máis arraigadas no rural galego. Coñécese tamén en Galicia con varios nomes: Estadea, Estantiga, Rolda, As da noite, Pantalla, Avisóns, Pantaruxada. Todos eles son termos que nos indican a presencia dun colectivo de mortos no mundo dos vivos.

Son varias as versións que na bibliografía podemos atopar sobre a Santa Compaña, de aí a dificultade para poder definila con exactitude. Agás excepcións, hai unha serie de trazos xerais nos que coinciden a meirande parte dos autores ó se referiren a ela: "procesión de mortos ou almas en pena que nas brétemas da noite (a partir das doce) percorren errantes as sendas e camiños dunha parroquia".

Esta procesión vai encabezada por un vivo portando unha cruz e un caldeiro de auga bendita seguido de tódalas ánimas con velas acesas, non sempre visibles, notándose a súa presencia polo cheiro a cera e o vento que levanta ó seu paso.

O portador da cruz non pode en ningún momento volver a vista atrás nin renunciar ós seus cargos precedendo a Santa Compaña.

Só quedará liberado cando encontre outra persoa a quen lle entregará a cruz e o caldeiro.

Para se salvar desta obrigación a persoa que vexa pasa a Santa Compaña debe trazar un círculo no chan e meterse dentro del ou ben botarse boca abaixo.

Aínda que na maioría das historias sobre a Santa Compaña esta realiza a súas aparicións de noite, tamén hai casos citados nos que se fala de saídas diúrnas.

A persoa viva que precede a procesión pode ser home ou muller, dependendo se o patrón da súa parroquia é santo ou santa.

miércoles, 31 de marzo de 2010

Acrobacias con balóns de baloncesto

Aquí mostrasenos o que estes rapaces son capaces de facer con pelotas de baloncesto e con acrobacias e malabarismos.



Lavando un ferrari

Para moitos poder chegar a ter un ferrari e todo un soño, e algúns soñan máis ca outros.

sábado, 27 de marzo de 2010

"Vas acabar sendo forte"

Este é Nick Vujicic, é todo un exemplo de superación persoal. E aínda que só sexa durante un instante paraste a pensar e daste conta do afortunado/a que es, ao mesmo tempo que te anima a loitar contra todo o que se interpoña no teu camiño.

viernes, 26 de marzo de 2010

O gran soño de todo neno

Este foi o soño de cualquer cativo pero porén ningún foi quen de sacalo a luz como o fixo esta simpática nena.

jueves, 25 de marzo de 2010

A queimada, tradición galega

Seguindo a tradición galega, para espantar as meigas, non hai nada mellor que preparar una boa quiemada e recitar o seu conxuro. Pénsase que a orixe desta tradición aparece nos séculos XI e XII coincidindo coa construcción da Catedral de Santiago. Aínda que non está moi clara a procedencia exacta deste costume, o que sí sabemos é que é milenario.

A QUEIMADA, RECEITA E CONXURO

A queimada é una bebida feita a base de augardente e azucre, a que se lle prende lume e deixase arder durante un tempo. A súa preparación tamén se lle pode engadir a pel dun limón, dunha laranxa e gráns de café.

A queimada non é só una bebida tradicional galega e ademáis todo un ritual xa que mentres se prepara é recitado un conxuro para alexar as bruxas e quedar liberado de todo mal.

UNHA RECEITA DA QUEIMADA

Ingredientes:

Augardente, azucre branco e fino, pel dun limón ou laranxa e gráns de café.

Preparación:

Nun recipiente de barro cocido vértese a augardente e o azucre, 120 gramos por cada litro de augardente. Añadese a pel do limón e o café.

Remóvese e encéndese lume, mediante un cazo no que anteriormente collemos augardente. Moi despacio colócase o cazo cerca do recipiente para que o lume pase dun o outro. Remóvese ata que o azucre se consuma.

No mesmo cazo bótase de novo un pouco azucre, esta vez seco e móvese ata convertilo en almíbar. Vértese sobre as chamas e removendoo espérase a que as lapas teñan una cor azulada, continuaráse ata que se queime casi todo o alcol. Déixase apagar e sírvese.



O CONXURO DA QUEIMADA

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños,
espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas:
feitizos das manciñeiras.
Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.
Lume
das Santas Compañas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte;
fuciño do sátiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller
casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú,
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cús,
muxido da mar embravecida.
Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan á xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.
Con este fol levantarei
as chamas deste lume
que asemella ao do Inferno,
e fuxirán as bruxas
a cabalo das súas escobas,
indose bañar na praia
das areas gordas.
¡Oide, oide! os ruxidos
que dan as que non poden
deixar de queimarse no augardente
quedando así purificadas.
E cando este brebaxe
baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males
da nosa alma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume,
a vós fago esta chamada:
si é verdade que tendes máis poder

que a humana xente,
eiquí e agora, facede cós espritos
dos amigos que estan fóra,
participen con nós desta Queimada.

miércoles, 24 de marzo de 2010

Maxia divertida

Esto si que é maxia, espero que vos guste.

miércoles, 10 de marzo de 2010

O pozo de Arán

Esta é unha das miñas cancións preferidas.
Contan as lendas que en Irlanda gáelica había un pozo máxico situado nas Illas de Arán. A auga dese pozo tiña propiedades curativas e os homes e mulleres da época acudían a el intentando sanar as súas enfermidades.
O Pozo de Arán de Carlos Núñez céntrase nunha historia que sucede alí. É a historia dunha nai que sofre ante a cegueira do seu fillo e non pode facer nada por solucionalo. Pero... nun soño "descubre" o Pozo de Arán, descubre que as súas luminosas augas tamén traerán luz á mirada do cativo.

miércoles, 3 de marzo de 2010

En defensa do Galego

Castelao dicía que o apagamento dunha lingua corresponde a dexeneración do pobo que a fala e á rendición da súa nacionalidade.

O galego que non fala
na lingua da súa terra,
nin sabe o que ten de seu,
nin é merecente dela.

Pondal deixounos o seguinte poema: FALADE GALLEGO, ia dirixido especialmente as mozas de A Coruña.
Miniñas da Cruña.
d´amabre despejo,
de falas graciosas
e pasos ligeros,
deixá de Castilla
os duros acentos:
falade miniñas
falade gallego.

Cand´é que vos ouzo,
a patria esquecemento,
falar esas duras,
palabras de ferro,
non sei o que peno:
falade, miniñas,
falade gallego.

Mas cando falades
nos patrios acentos,
envoltos no voso
angélico alento.
parece que escuito
un canto do ceo:
falade, miniñas
falade gallego.



domingo, 28 de febrero de 2010

*Natureza*

Son vella, moi vella e cos anos percateime da miña gran beleza e da miña enorme riqueza. Comigo xogaron nenos e nenas ao longo da súa infancia. Eu mesma observei como crecían sáns e felices, eu mesma fun compañeira de tódalas súas transnadas e das súas falcatruadas. Fun testemuña das súas alegrías, deses sorrisos contaxiosos que só un neno che pode brindar, desas miradas doces e pícaras que apenas causan danos. O seu recuncho preferido atopábase sen dúbida xunto o refrexo do meu mirar, un fermoso lago ao carón das miñas fieis arboredas. Gustábame dar un forte soplo e ver como as follas caían sobre a auga e flotaban ata finalmente quedar pegadas nalgunha parte dos seus corpiños medio espidos, naquelas tardes estivais.
Mentres, seus pais, atopábanse sentados sobre o meu longo vestido verde. Á sombra dunha bonita árbore contemplabado as escasas nubes que o meu respirar movía nun ceo completamente azul e baleiro. Entusiasmados buscábanlle parecidos as súas formas, inhalaban aire puro e sen baixar a mirada do ceo, pechaban os ollos ao mesmo tempo que o seu oído capta o meu lixeiro respirar. Intentan mesturarse comigo e gozar da maravillosa tranquilidade que lle estou a ofrecer.
Caída a noite esas miradas volvíanse centrar de novo no ceo, pero esta vez sería nun ceo escuro, luminado tan só polo pequeno esplendor das estrelas . Unha vez máis fundíanse sobre eses pequenos brillos buscando talvez algún tipo de resposta neles ou… simplemente gustaballes estar así. Eu sentíame forte, lexos das feridas que me provocaban as ciudades. Eses continuos ruidos e fumes interferían no meu respiro, impedíanme oír ou ver o sorriso da infancia, xa non notaba nin a máis mínima mostra de afecto hacia a min, a xente parecía estar demasiado ocupada. Agora sentíame soa, sufría e choraba durante días. A través dun ceo negro asomaba contínuos periodos de choiva, ata que unha noite decidín non espertar.

.

O mundo darredor de min

Fantástico fragmento que aparece na contraportada do encantador libro ´´Memorias dun neno labrego´´ por Xosé Neira Vilas.

Eu xa non sei se desvarío. Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo. Vexo sombras e luces, nubeiros que viaxan, lume, árbores. Que é todo esto? Ninguén me di, poño por caso, para que sirven as estrelas nin onde morren os paxaros. Sei de certo que moitísimos anos antes de nacer eu xa había sol e penedos e fuxía a auga polo río. E estou seguro que todo seguirá igual despois que eu morra. Virá máis xente e máis, tripando uns nos outros, esquecéndose adrede dos que morreron, coma se non houbesen vivido.

Escribir no caderno - quen o diría!- é coma baldeirar o corazón. Parece un milagre, pois ó fin de contas non pasa de ser unha conversa comigo mesmo. Pero para min é milagre todo, dende as pingueiras da chuvia ata o canto do grilo.

lunes, 22 de febrero de 2010

´´Mi vida sin mi´´

´´Mi vida sin mi´´ é unha das miñas películas favoritas. Dirixida por Isabel Coixet e protagonizada por Sarah Polley. Nela os sentimentos xogan un importante papel dende o inicio ata o fin. Tras un recoñecemento médico, Ann decide nunha lista de cousas que facer antes de que unha enfermidade termine coa súa vida. Oculta aos seus seres queridos o que está a suceder e comeza a descubrir o pracer da vida. Este texto aparece nunha escena da película, espero que vos guste.

-Esta es ti. Os ollos pechados, baixo a choiva. Nunca imaxinaches que farías algo así, nunca te viras como... non sei como describilo... como unha desas persoas as que lles gusta a lúa, ou que pasan horas contemplando o mar ou a posta de sol.. seguro que sabes de que xente estou falando ou... talvez non. Da igual, a ti gústache estar así, desafiando o frío, sentindo como a agua empapa a túa camiseta e te molla a pel, e notar como a tierra se volve mullida baixo os teus pés e... o olor e o son da choiva o golpear as follas. Todas esas cousas que din os libros que non liches.
Esta eres tu, quen o ia dicir... TU.


sábado, 20 de febrero de 2010

´´Negra sombra´´

Deste poema, ´´Negra sombra´´ que Rosalía de Castro publicou en Follas novas (1880) creouse unha das máis emblemáticas composicións da música e da literatura galega. Xosé Montés Capón (Lugo,1840-1899) encargouse de unir estas letras. Foi presentada por primeira vez no Gran Teatro da Habana en 1892.

Hoxe en día sabemos que Rosalía foi unha muller consciente de crear unha obra literaria rupturista no seu tempo, por ser feita dende unha óptica femenina, galega e en galego. Nesta poesía subxetiva e existencial como o é ´´Negra sombra´´ a súa fe na existencia doutra vida despois da morte concrétase nuns entes pouco ortodoxos que se moven entre o real e o etéreo aos que chama sombras, persoas queridas por a propia autora que están mortas, pero das que ela sente moitas veces a súa presenza, como por exemplo súa nai, seus fillos mortos... Ao mesmo tempo, a negra sombra simboliza a dor de vivir.

Aquí tedes unha preciosa versión realizada por Carlos Nuñez e Luz Casal.