Lanzo dous dados sobre o taboleiro e movo según o que eles prevén. Avanzo cara a casilla elixida pero de pronto sucede algo que me fai retroceder sobre os meus propios pasos. Como o mítico xogo da oca, nalgunhas ocasións avanzaba mais casillas das que o dado me permitía.
Continúo xogando e despois de camiñar un par de recadros atópome coa caveira. Os esforzos por aproximarme a meta parece que non serven de nada e de novo comeza o xogo.
Estou na casilla inicial coa mesma ilusión que no meu primeiro intento. Non me rindo e tiro os dados unha vez máis, caendo esta vez sobre unha ponte. Seguindo as regras: “de ponte a ponte tiro porque me avanza a corrente”, arrastrada como un monicreque nunha obra teatral infantil. Persoas manipuladoras e con mais maldade ca miña lévanme a retroceder ata un antigo ponte.
Comezo de novo, un pouco mais desanimada, pero continuo. Pouco despois caio presa na cárcere. Debo esperar a que alguén pase por aquí para que me bote unha man, agardo pero non vexo ninguén ao meu carón. Tal vez esté a xogar soa.
Os que antes me arrastraron cara a ponte agora parece que non están dispostos a axudarme. Énchome de valor e consigo saír polos meus propios medios. Aínda que isto me faga ir contra as normas, ninguén me pode deter; este é o meu xogo e non o quero perder.
Finalmente, guiada polo azar chego a miña meta. Sen esquecer que ao outro lado do taboleiro atopase o xogo das catro cores.
Que cor serei agora? Azul, amarelo, vermello ou verde? Porén, mentres os dados esten presentes e se deslicen por as casillas numeradas e escritas, que mais dá o que eu elixa… o que importa e ter gañas de xogar, e… o máis importante: GAÑAR.
0 comentarios:
Publicar un comentario