O galego que non fala na lingua da súa terra nin sabe o que ten de seu nin é merecente dela

(Castelao)
Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de octubre de 2010

Samhain cultura celta

Samhain! que mágoa que nós, influenciados en gran medida pola cultura dos antigos celtas (entre outros pobos) tan só nos dediquemos a comer castañas e visitar os cementerios en honra aos que xa non están.
É unha celebración de orixe celta que os escotos (celtas irlandeses) levaron ao outro lado do mar (alí converteuse en algo totalmente comercial). Hoxe en día nalgunhas zonas de Irlanda ou Escocia aínda se segue festexando. Non só como o día dos difuntos, tamén é unha data de apertura a outros mundos (ese sería o seu fundamento).
O que de verdade está claro é que forma parte dunha cultura que se perdeu e que hoxe é “copiada” de novo pensando só nos beneficios económicos do comercio. O chamado Halloween polos americanos, chegou a eles a través dos pobos celtas europeos.

Cada quen é libre de festexar ese día como queira ou como o sinta, pero que só se mostre interés por unha tradición tan antiga cando se ven cartos de por medio fai que pouco a pouco TODO perda o seu verdadeiro significado.

lunes, 21 de junio de 2010

Apelidos Galegos

Os apelidos foron transmitidos de xeracións en xeracións ao longo dos séculos como sinal de identidade e dalgunha forma dispoñen dun importante valor patrimonial.
Existe unha aplicación do “Instituto da Lingua Galega” que che permitirá ver os teus apelidos por municipios e o número de persoas que comparten os mesmos. Aquí vos deixo o link da aplicación: Cartografía dos apelidos de Galicia

Tamén se queres saber a súa orixe entra aquí.


martes, 1 de junio de 2010

Por que en galego e non en castelán?

Cada vez van a menos o número de galegofalantes cousa que nunca entenderei, supoño que será polos diversos prexuízos que sufriu ao longo da historia a nosa lingua e de ser así de continuar tendo a mesma mentalidade que en séculos pasados paréceme de ignorantes. É certo que cada un é libre de falar na lingua que lle pete e máis estando nunha sociedade diglósica. Pero estou farta de oír que o galego non serve de nada, que é feo, que non me gusta, que é de incultos, que non me sae…
Persoalmente síntome orgullosa de pertencer a unha lingua e cultura propia, orgullosa de todas esas costumes, cociña, lendas e historias galegas, dunha ou outra forma son miñas. A lingua da miña terra, na que nacín e me criei, a que me deu a coñecer o que realmente significa sentir morriña.
Porque eu sempre preguntarei, por que en castelán e non en galego?



miércoles, 10 de marzo de 2010

O pozo de Arán

Esta é unha das miñas cancións preferidas.
Contan as lendas que en Irlanda gáelica había un pozo máxico situado nas Illas de Arán. A auga dese pozo tiña propiedades curativas e os homes e mulleres da época acudían a el intentando sanar as súas enfermidades.
O Pozo de Arán de Carlos Núñez céntrase nunha historia que sucede alí. É a historia dunha nai que sofre ante a cegueira do seu fillo e non pode facer nada por solucionalo. Pero... nun soño "descubre" o Pozo de Arán, descubre que as súas luminosas augas tamén traerán luz á mirada do cativo.

miércoles, 3 de marzo de 2010

En defensa do Galego

Castelao dicía que o apagamento dunha lingua corresponde a dexeneración do pobo que a fala e á rendición da súa nacionalidade.

O galego que non fala
na lingua da súa terra,
nin sabe o que ten de seu,
nin é merecente dela.

Pondal deixounos o seguinte poema: FALADE GALLEGO, ia dirixido especialmente as mozas de A Coruña.
Miniñas da Cruña.
d´amabre despejo,
de falas graciosas
e pasos ligeros,
deixá de Castilla
os duros acentos:
falade miniñas
falade gallego.

Cand´é que vos ouzo,
a patria esquecemento,
falar esas duras,
palabras de ferro,
non sei o que peno:
falade, miniñas,
falade gallego.

Mas cando falades
nos patrios acentos,
envoltos no voso
angélico alento.
parece que escuito
un canto do ceo:
falade, miniñas
falade gallego.



domingo, 28 de febrero de 2010

O mundo darredor de min

Fantástico fragmento que aparece na contraportada do encantador libro ´´Memorias dun neno labrego´´ por Xosé Neira Vilas.

Eu xa non sei se desvarío. Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo. Vexo sombras e luces, nubeiros que viaxan, lume, árbores. Que é todo esto? Ninguén me di, poño por caso, para que sirven as estrelas nin onde morren os paxaros. Sei de certo que moitísimos anos antes de nacer eu xa había sol e penedos e fuxía a auga polo río. E estou seguro que todo seguirá igual despois que eu morra. Virá máis xente e máis, tripando uns nos outros, esquecéndose adrede dos que morreron, coma se non houbesen vivido.

Escribir no caderno - quen o diría!- é coma baldeirar o corazón. Parece un milagre, pois ó fin de contas non pasa de ser unha conversa comigo mesmo. Pero para min é milagre todo, dende as pingueiras da chuvia ata o canto do grilo.

sábado, 20 de febrero de 2010

´´Negra sombra´´

Deste poema, ´´Negra sombra´´ que Rosalía de Castro publicou en Follas novas (1880) creouse unha das máis emblemáticas composicións da música e da literatura galega. Xosé Montés Capón (Lugo,1840-1899) encargouse de unir estas letras. Foi presentada por primeira vez no Gran Teatro da Habana en 1892.

Hoxe en día sabemos que Rosalía foi unha muller consciente de crear unha obra literaria rupturista no seu tempo, por ser feita dende unha óptica femenina, galega e en galego. Nesta poesía subxetiva e existencial como o é ´´Negra sombra´´ a súa fe na existencia doutra vida despois da morte concrétase nuns entes pouco ortodoxos que se moven entre o real e o etéreo aos que chama sombras, persoas queridas por a propia autora que están mortas, pero das que ela sente moitas veces a súa presenza, como por exemplo súa nai, seus fillos mortos... Ao mesmo tempo, a negra sombra simboliza a dor de vivir.

Aquí tedes unha preciosa versión realizada por Carlos Nuñez e Luz Casal.