O galego que non fala na lingua da súa terra nin sabe o que ten de seu nin é merecente dela

(Castelao)

domingo, 28 de febrero de 2010

*Natureza*

Son vella, moi vella e cos anos percateime da miña gran beleza e da miña enorme riqueza. Comigo xogaron nenos e nenas ao longo da súa infancia. Eu mesma observei como crecían sáns e felices, eu mesma fun compañeira de tódalas súas transnadas e das súas falcatruadas. Fun testemuña das súas alegrías, deses sorrisos contaxiosos que só un neno che pode brindar, desas miradas doces e pícaras que apenas causan danos. O seu recuncho preferido atopábase sen dúbida xunto o refrexo do meu mirar, un fermoso lago ao carón das miñas fieis arboredas. Gustábame dar un forte soplo e ver como as follas caían sobre a auga e flotaban ata finalmente quedar pegadas nalgunha parte dos seus corpiños medio espidos, naquelas tardes estivais.
Mentres, seus pais, atopábanse sentados sobre o meu longo vestido verde. Á sombra dunha bonita árbore contemplabado as escasas nubes que o meu respirar movía nun ceo completamente azul e baleiro. Entusiasmados buscábanlle parecidos as súas formas, inhalaban aire puro e sen baixar a mirada do ceo, pechaban os ollos ao mesmo tempo que o seu oído capta o meu lixeiro respirar. Intentan mesturarse comigo e gozar da maravillosa tranquilidade que lle estou a ofrecer.
Caída a noite esas miradas volvíanse centrar de novo no ceo, pero esta vez sería nun ceo escuro, luminado tan só polo pequeno esplendor das estrelas . Unha vez máis fundíanse sobre eses pequenos brillos buscando talvez algún tipo de resposta neles ou… simplemente gustaballes estar así. Eu sentíame forte, lexos das feridas que me provocaban as ciudades. Eses continuos ruidos e fumes interferían no meu respiro, impedíanme oír ou ver o sorriso da infancia, xa non notaba nin a máis mínima mostra de afecto hacia a min, a xente parecía estar demasiado ocupada. Agora sentíame soa, sufría e choraba durante días. A través dun ceo negro asomaba contínuos periodos de choiva, ata que unha noite decidín non espertar.

.

0 comentarios: