Inocencia ten seis anos recen cumpridos. Ates da chegada do Nadal terá pensado moi a fondo os agasallos que desexa que Melchor, Gaspar e Baltasar lle outorguen ao carón da súa cheminea. Estará inquieta durante esas últimas semanas. A pesar de que aínda non rematase o colexio a súa carta leva varios días escrita. Finalmente decidirá pechala e entregarlla a súa nai para que a faga chegar aquel lugar tan afastado ao que todos chaman Oriente pero ninguén sabe de certo onde está. Cando chegue a fantástica noite do cinco de Xaneiro e se meta na cama, o seu último pensamento será o protagonizado polos tres Reis Magos. Soñará con camelos cargados de regalos, con aquel detalle que esqueceu incluír na carta e con tódolos agasallos extras que chegaron de forma máxica a casa de algún que outro familiar a pesar de non deixarlle as súas botas ao carón da arbore; ao fin de contas son magos, coñéceno todo. Cando desperte o seu primeiro recordo faraa saltar dun pulo da cama e correra a despertar ao seu irmán pequeno, Iluso, que ao igual que Inocencia levaba dias agardando ese día. Xuntos correrán ata o salón, onde súa nai, Felicidade levaba xa un rato esperándoos. As súas peticións parecen estar envolvidas en papeis de cores que serán abertos ante os fortes latexos dos seus corazóns que semellaban estar a piques de saírlles do peito. Ao velos regalos, crerán que si é verdade, que os soños se cumpren e que a maxia existe.
Picardía ten once anos recen cumpridos. Antes da chegada do Nadal levaba varios días sospeitando e facéndolles preguntas aos seus pais acerca da chegada daqueles tres Reis Magos. Esa desconfianza levaraa a perda da ilusión e da fantasía que anos atrás a envolvera. Seu irmán, mais pequeno, continuaba manténdose firme nas súas crenzas mentres ela desexaría volver atrás no tempo, facer como se non soubese nada e continuar impregnándose desa maxia que agora carecía e a vez estrañaba. Porén algo fallaba, algo dentro dela comezáballe a dicir que non tódolos soños se cumpren.
Rebeldía ten dezasete anos. Ante a chegada do Nadal mostrase coa alegría de saber que as ansiadas vacacións por fin chegaban e con elas os pactos nos horarios de saídas nocturnas como quen sae na procura deses tres grandes magos. Os cales na súa casa non paraban con ningún camelo dende fai xa algún tempo, aqueles que dicían ser tres, agora parecían ser tan só dous. Rebeldía, desexaría poder escribir unha carta a un lugar afastado, na cal non se recollería nada material, senón que aqueles valores que seus pais lle dicían de cativa que incluíse na súa carta serian agora parte das súas propias peticións. Poder pórlle un selo cunha dirección concreta e pechar os ollos con forza como esforzándose por que algo se cumpra, entón así, de novo volvería a crer que os soños se cumpren e que a maxia si existe. Pois Inocencia, Picardía e Rebeldía forman parte dun mesmo todo a pesar de que xa non aparecen repartidas coas mesmas proporcións, dándolle cada vez maior prioridade a esta última.
0 comentarios:
Publicar un comentario