Quizais sexa, unha das crenzas míticas máis arraigadas no rural galego. Coñécese tamén en Galicia con varios nomes: Estadea, Estantiga, Rolda, As da noite, Pantalla, Avisóns, Pantaruxada. Todos eles son termos que nos indican a presencia dun colectivo de mortos no mundo dos vivos.
Son varias as versións que na bibliografía podemos atopar sobre a Santa Compaña, de aí a dificultade para poder definila con exactitude. Agás excepcións, hai unha serie de trazos xerais nos que coinciden a meirande parte dos autores ó se referiren a ela: "procesión de mortos ou almas en pena que nas brétemas da noite (a partir das doce) percorren errantes as sendas e camiños dunha parroquia".
Esta procesión vai encabezada por un vivo portando unha cruz e un caldeiro de auga bendita seguido de tódalas ánimas con velas acesas, non sempre visibles, notándose a súa presencia polo cheiro a cera e o vento que levanta ó seu paso.
O portador da cruz non pode en ningún momento volver a vista atrás nin renunciar ós seus cargos precedendo a Santa Compaña.
Só quedará liberado cando encontre outra persoa a quen lle entregará a cruz e o caldeiro.
Para se salvar desta obrigación a persoa que vexa pasa a Santa Compaña debe trazar un círculo no chan e meterse dentro del ou ben botarse boca abaixo.
Aínda que na maioría das historias sobre a Santa Compaña esta realiza a súas aparicións de noite, tamén hai casos citados nos que se fala de saídas diúrnas.
A persoa viva que precede a procesión pode ser home ou muller, dependendo se o patrón da súa parroquia é santo ou santa.
Seguindo a tradición galega, para espantar as meigas, non hai nada mellor que preparar una boa quiemada e recitar o seu conxuro. Pénsase que a orixe desta tradición aparece nos séculos XI e XII coincidindo coa construcción da Catedral de Santiago. Aínda que non está moi clara a procedencia exacta deste costume, o que sí sabemos é que é milenario.
A QUEIMADA, RECEITA E CONXURO
A queimada é una bebida feita a base de augardente e azucre, a que se lle prende lume e deixase arder durante un tempo. A súa preparación tamén se lle pode engadir a pel dun limón, dunha laranxa e gráns de café.
A queimada non é só una bebida tradicional galega e ademáis todo un ritual xa que mentres se prepara é recitado un conxuro para alexar as bruxas e quedar liberado de todo mal.
UNHA RECEITA DA QUEIMADA
Ingredientes:
Augardente, azucre branco e fino, pel dun limón ou laranxa e gráns de café.
Preparación:
Nun recipiente de barro cocido vértese a augardente e o azucre, 120 gramos por cada litro de augardente. Añadese a pel do limón e o café.
Remóvese e encéndese lume, mediante un cazo no que anteriormente collemos augardente. Moi despacio colócase o cazo cerca do recipiente para que o lume pase dun o outro. Remóvese ata que o azucre se consuma.
No mesmo cazo bótase de novo un pouco azucre, esta vez seco e móvese ata convertilo en almíbar. Vértese sobre as chamas e removendoo espérase a que as lapas teñan una cor azulada, continuaráse ata que se queime casi todo o alcol. Déixase apagar e sírvese.
O CONXURO DA QUEIMADA
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas. Demos, trasgos e diaños,
espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas:
feitizos das manciñeiras.
Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.
Lumedas Santas Compañas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte;
fuciño do sátiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller
casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú,
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cús,
muxido da mar embravecida.
Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan á xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.
Con este fol levantarei
as chamas deste lume
que asemella ao do Inferno,
e fuxirán as bruxas
a cabalo das súas escobas,
indose bañar na praia
das areas gordas.
¡Oide, oide! os ruxidos
que dan as que non poden
deixar de queimarse no augardente
quedando así purificadas.
E cando este brebaxe
baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males
da nosa alma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume,
a vós fago esta chamada:
si é verdade que tendes máis poder
que a humana xente,
eiquí e agora, facede cós espritos
dos amigos que estan fóra,
participen con nós desta Queimada.
http://www.unouno.net/ (clic na imaxe para ir ao enlace)
O blog de María
"Escribir no caderno - quen o diría!- é coma baldeirar o corazón. Parece un milagre, pois ó fin de contas non pasa de ser unha conversa comigo mesma. Pero para min é milagre todo, dende as pingueiras da chuvia ata o canto do grilo." (Fragmento extraído da contraportada do libro Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas)