O galego que non fala na lingua da súa terra nin sabe o que ten de seu nin é merecente dela

(Castelao)

domingo, 26 de septiembre de 2010

Unha parte de min

María, ese é o nome que meus pais me deron un 21 de maio. Nome cuxo significado é a amante de Deus, nome que según din estudos, caracterízanme como unha persoa amante do fogar e da familia. Estou a nomear a miña familia, quen o ía dicir. Destrás desta imaxe aparente de persoa forte, alegre, que lle costa demostrar os seus sentimentos máis verdadeiros e íntimos está a falar da familia. Xa non é so o denominado poder do sangue, son as miñas raíces, o esprendor de sentimentos que con eles vives. Son os pequenos detalles os que os fan grandes e o mesmo tempo son os que me fan feliz.
Crecín e vivín ata o de agora aquí, lonxe das ruidosas cidades. Este é o meu lugar, o que coñecín ao azar dentro do seo dunha familia na que tamén intevén o azar e o destino. Afortunada ata o de agora, penso vagamente no que me depara o futuro sen achar resposta para as miñas preguntas ou os meus temores. Creo no poder do destino. Se algo ten que ocorrer, pasará antes ou despois sen poder remedialo. Os meus pasos só deciden o camiño que tomarei ata certo punto.

Lonxe das malas falas definome como unha persoa sinxela que lle gusta contaxiar a súa alegría a todo aquel que a sepa interpretar. Sendo capaz de pasar dun momento alegre ao máis triste que sen poder evitalo se mostra no meu rostro, e sobre todo na miña mirada. A única que non podo calar. Gustame reflexionar, aprender e saber interpretar o que está pasando ao meu carón. Disfruto con cualquer deporte dende cativa. Encantame vacilar e dar a vara a xentiña ca que estou máis cómoda. Adoro ir a aldea, estar en contacto coa natureza e disfrutar coa xente que ali vive. Non me gusta a envexa, nin a xente que te mira por riba do hombreiro, encantanme as persoas sinxelas coas que podes falar de cualquer tema sen medo a ser cuestionada. Non me gustan as mentiras nin a xente que non cumple o que promete. Non soporto as discusións, xa que me fan sentir mal comigo mesma. Intento porme no lugar dos demáis para comprender mellor o seu punto de vista pero en determinados asuntos teño que recoñecer que me é imposible poder comprendelo!

Gústame mirar ao ceo, especialmente no verán, ver un ceo compretamente azul con algunha que outra pequena nube que lle busco forma. En todas vexo a mesma figura. Un cabalo erguido sobre as súas patas traseiras. Pode que sexa a representación do meu carácter. Un caracter forte que se sinte debilitado cada vez que se sinte ofendido e intenta impoñerse.
Nas noites de verán disfruto mirando á lúa. Sen ningunha dúbida a lua chea ou a nova e a miña favorita. Brillando sobre o ceo escuro e salpicado polo parpadeo de preciosas estrelas.

Tamén me encanta ver a pegada que un avión a 1000km/h deixa sobre min, mentres por un intre me paro a pensar en cal será o seu destino e nos ocupantes que van nel. Persoas que coma min teñen o seu día a día e aínda que non compartamos os mesmos rasgos étnicos, nin teñamos a mesma fala estou segura que a forma de sentir é a mesma e non importa como chamemos a Deus nin a cor da pel.

Adoro sentir o vento no meu rostro, as gotas de choiva resbalar sobre o meu corpo e camiñar descalza sobre a herba ou a area. Encantame ler e imaxinar todo o que leo. Pensar e perderme nos meus propios pensamentos ata que estes me levan de novo a realidade.
Esta son eu... ou polo menos é unha parte de min xa que seguro que deixo numerosos detalles por mencionar. Detalles que constitúen a miña propia esencia...
.

2 comentarios:

cris dijo...

Carai, maría de la o, deixáchesme sorprendida, gústame moito como eres, sigue así...moitos bikos da túa madriña preferida, jejej

***Maria*** dijo...

jaja moitas grazas!!! normalmente non publico cousas que falen de min. biquiños =D