Eu xa non sei se desvarío. Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo. Vexo sombras e luces, nubeiros que viaxan, lume, árbores. Que é todo esto? Ninguén me di, poño por caso, para que sirven as estrelas nin onde morren os paxaros. Sei de certo que moitísimos anos antes de nacer eu xa había sol e penedos e fuxía a auga polo río. E estou seguro que todo seguirá igual despois que eu morra. Virá máis xente e máis, tripando uns nos outros, esquecéndose adrede dos que morreron, coma se non houbesen vivido.
0 comentarios:
Publicar un comentario