O galego que non fala na lingua da súa terra nin sabe o que ten de seu nin é merecente dela

(Castelao)
Mostrando entradas con la etiqueta critica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta critica. Mostrar todas las entradas

sábado, 30 de abril de 2011

Cando a política comezou a selo todo

A data das próximas eleccións municipais xa están cerca. Debido a que se programaron para o día 22 de maio e eu cumpro a miña maioría de idade o día anterior, será a primeira vez que terei dereito ao voto. Pero que é a política? para que ía a votar se o meu voto non garantiría nada? Esas son as preguntas e o pasotismo típico nunha gran parte da poboación que non acude as urnas ou pola contra que si acude para votar ao primeiro partido que se lle pase pola cabeza ou aos que lle parezan máis carismáticos sen darlle máis voltas. Sen pararse a pensar que a política éo todo. Sen pararse a pensar o moito que se tivo que loitar para acercarnos ese mesmo dereito e todo o que simboliza. É certo que o descontento ou a pouca crenza que moita xente ten no sistema fai que non se animen a participar nas eleccións sobre todo na xente xove. Moitos son os comentarios que valoran a tódolos políticos por igual, tachándoos mesmo de ladróns autoritarios que soamente parecen botarlle unha man a súa manada de caciques ou aos cercanos ao seu ámbito persoal. Tendo ao seu servizo a maior cantidade de persoas posibles, persoas que viven cunha ampla venda nos ollos, persoas fáciles de manipular ou moldear ao seu antollo. Partidos políticos que se encargan de gañar os seus votos preocupándose por obter o apoio popular as vésperas das eleccións. Encárganse de ir polas aldeas facendo propaganda electoral. O partido que se mantén no poder intenta continualo, colocándolle bancos aos persoas anciáns das aldeas, colocando esa farola as portas da casa que tanto tempo levabas demandando, encárganse de arranxar o foxo da rúa cun pegote de asfalto como póndolle remedio a unha gran mentira... unha serie de favores sociais que son de grande axuda para o avance e o progreso da vila, claro que si! esas persoas maiores e na maior parte dos casos sen estudios iran votar para a mesma persoa que lle colocou a luz que tanta falla lle facía ao pé da casa. Polo tanto, hailles que dar o voto a dito partido, meréceno, fixeron algo por min!. Por non falar do papel da igrexa no referido a política ou ao reflexo da sociedade nos resultados electorais así como o sistema de propiedade que se vive nunha determinada rexión vai a influír. A maior parte da xente que aquí vive son pequenos propietarios agrícolas e moitos aínda hoxe viven aterrados con medo a que lles quiten o que é seu, o que tanto lles custou ter. É totalmente comprensible. Todo é política, intereses e cartos.
Antigamente o voto só estaba destinado as persoas de alto nivel cultural, persoas que ante todo tiñan coñecemento do que estaba a acontecer e dispuñan de certa mentalidade crítica para realizar unha votación coherente aos seus intereses e aos seus beneficios. Con capacidade dabondo para valorar as distintas propostas e decantarse pola que máis se aproxime aos seus ideais. As veces persoalmente opino que debería de ser así. A decisión estaría lonxe da ignorancia do pobo e polo menos serían votos realizados de maneira consciente. Pola outra banda, trátase dun dereito para elixir aos representantes de toda unha poboación e como cidadán máis debe ter dereito a tal acto. Non ter estudios moitas veces non ten que ver con dispor de cultura. E viceversa.
Para miña avoa por exemplo, votar a un determinado partido político era unha ofensa, evidentemente non vou a dicir de que partido se trataba pero agora comprendo o por qué. Non tiña estudios pero sempre a considerei unha muller moi intelixente e cun humor un tanto peculiar, as veces mesmo irónico. Como ela moita máis xente pensaría ou pensará da mesma forma. Normalmente as persoas maiores que acoden a votar constitúen un número elevado, tamén é certo que a poboación é avellentada, pero considero que en parte débese ao gran valor que eles lle outorgan as eleccións. A fin de contas, aprenderon mellor ca ninguén o significado de política despois de todo o que lle tocou vivir.
Cando as cousas van ben semella que o partido político que está no poder está facendo un bo traballo, cando as cousas van mal as culpas recaen sobre quen estea no poder independentemente de que o culpable sobre a situación económica nefasta na que se atopa o país sexan realmente eles/elas. É certo que a crise económica que hai agora mesmo ía habela de todas formas pero as formas ou as medidas oportunas para combater tal situación e erguerse que se puideron tomar dende un inicio e non se tomaron complicou todo. As crises hóuboas sempre e lamentablemente cada vez serán máis longas e menor será o espazo comprendido entre cada unha delas.
Finalmente, coido que é moi importante intentar ter sempre unha ampla visión sobre o que acontece, mentalidade crítica e aberta a calquera cambio e o máis importante: adaptarse a cada situación pois... non sobrevive o máis forte, senón o que mellor se adapta.

lunes, 31 de enero de 2011

"Na búsqueda dos verdadeiros piratas da Lei Sinde"

Hogano as discusións e as revoltas acaparan tódalas miradas respecto á nova lei que está a piques de ser levada a cabo, a chamada "Lei de economía sostible" máis coñecida como "Lei Sinde". Esa nova lei fará que moitas webs sexan pechadas evitando así a expansión dos seus contidos tanto de programas, como de música ou cine que ata o de agora se podían ver ou descargar de balde. Parece ser que intentan loitar contra a piratería pero o certo é que aínda non está moi claro quen son realmente os piratas.

Os artistas non serán prexudicados por este fenómeno baseado en copias dos seus productos, nin moito menos Internet os prexudica, todo o contrario, sérvelles de intermediario e de medio para a súa promoción. Pretenden que se protexan os dereitos de propiedade intelectual censurando os contidos propiamente intelectuais e culturais? E que foi da liberdade de expresión, ese non é un dereito que nos corresponde a todos? Catorce xuízos ditaron que as descargas de balde non atentaban contra ningún dereito, nin ían contra a lei. Debido as discrepancias que existían entre os xuíces españois e o goberno, decidiron por o tema en mans do propio Ministerio de Cultura en contra de todo principio de democracia. Creando unha xustiza paralela para os artistas ou máis ben as discográficas distinta a do resto de mortais. Pero... de verdade cren que se reduciría así a piratería? fora do noso país non existe tal prohibición, bastaría con colarse en webs doutros países. Internet ten unha cantidade de contido inmenso é en parte nos mesmos somos quen o creamos ao compartir información co resto de usuarios de forma libre. Si agora mesmo eu estou a escribir neste blog é grazas a esa liberdade de expresión que me brinda este medio.

Moitas películas españolas reciben diñeiro público e nos temos que mercar a prezo de ouro tal película para vela online e cunha calidade mediocre en imaxe e son. Xa é moi barata a conexión a Internet como para deixarnos o peto en algo que ata o de agora non custaba un céntimo. En países como Xapón que é un país emerxente economicamente dispoñen da banda ancha máis rápida do mundo mentres aquí nin liberdade temos para navegar a pesar do prezo máis que abusivo ao que estamos sometidos por unha velocidade de banda ancha cada vez máis baixa.

Por outro lado os cantantes e actores famosos non parecen estar moi afectados conducindo coches de alta gama e vivindo en palacios lonxe do alcance das clases sociais medias, fuxindo nalgúns casos cara outros países para non pagar impostos tan elevados como os do seu propio país. Porén, outros non podemos escapar do pago de impostos, nin de prezos abusivos, nin de manifestar as nosas opinións pese a ser a gran maioría e moito menos ser escoitados. O que de verdade é real é que en Internet non existen as fronteiras por moito que se empeñen en limitalas os intereses duns poucos.

María