O galego que non fala na lingua da súa terra nin sabe o que ten de seu nin é merecente dela

(Castelao)

miércoles, 27 de octubre de 2010

Samhain cultura celta

Samhain! que mágoa que nós, influenciados en gran medida pola cultura dos antigos celtas (entre outros pobos) tan só nos dediquemos a comer castañas e visitar os cementerios en honra aos que xa non están.
É unha celebración de orixe celta que os escotos (celtas irlandeses) levaron ao outro lado do mar (alí converteuse en algo totalmente comercial). Hoxe en día nalgunhas zonas de Irlanda ou Escocia aínda se segue festexando. Non só como o día dos difuntos, tamén é unha data de apertura a outros mundos (ese sería o seu fundamento).
O que de verdade está claro é que forma parte dunha cultura que se perdeu e que hoxe é “copiada” de novo pensando só nos beneficios económicos do comercio. O chamado Halloween polos americanos, chegou a eles a través dos pobos celtas europeos.

Cada quen é libre de festexar ese día como queira ou como o sinta, pero que só se mostre interés por unha tradición tan antiga cando se ven cartos de por medio fai que pouco a pouco TODO perda o seu verdadeiro significado.

domingo, 17 de octubre de 2010

Xogamos?

Lanzo dous dados sobre o taboleiro e movo según o que eles prevén. Avanzo cara a casilla elixida pero de pronto sucede algo que me fai retroceder sobre os meus propios pasos. Como o mítico xogo da oca, nalgunhas ocasións avanzaba mais casillas das que o dado me permitía.
Continúo xogando e despois de camiñar un par de recadros atópome coa caveira. Os esforzos por aproximarme a meta parece que non serven de nada e de novo comeza o xogo.
Estou na casilla inicial coa mesma ilusión que no meu primeiro intento. Non me rindo e tiro os dados unha vez máis, caendo esta vez sobre unha ponte. Seguindo as regras: “de ponte a ponte tiro porque me avanza a corrente”, arrastrada como un monicreque nunha obra teatral infantil. Persoas manipuladoras e con mais maldade ca miña lévanme a retroceder ata un antigo ponte.
Comezo de novo, un pouco mais desanimada, pero continuo. Pouco despois caio presa na cárcere. Debo esperar a que alguén pase por aquí para que me bote unha man, agardo pero non vexo ninguén ao meu carón. Tal vez esté a xogar soa.
Os que antes me arrastraron cara a ponte agora parece que non están dispostos a axudarme. Énchome de valor e consigo saír polos meus propios medios. Aínda que isto me faga ir contra as normas, ninguén me pode deter; este é o meu xogo e non o quero perder.
Finalmente, guiada polo azar chego a miña meta. Sen esquecer que ao outro lado do taboleiro atopase o xogo das catro cores.
Que cor serei agora? Azul, amarelo, vermello ou verde? Porén, mentres os dados esten presentes e se deslicen por as casillas numeradas e escritas, que mais dá o que eu elixa… o que importa e ter gañas de xogar, e… o máis importante: GAÑAR.