Hogano consumimos productos que veñen do mar. Sentámonos a mesa e non nos percatamos do traballo realmente duro e pouco valorado dos homes e mulleres que o fan chegar ata onda nós. O traballo dun pescador por exemplo, que sae ao mar sen saber de certo que podrá atopar un gran banco de peixes que lle permitan manter a súa familia. Traballando de sol a sol, descansando o máis mínimo, xogándose a vida, alexados da súa terra, da súa familia, con fortes ventos e tormentas... Se a recollida é menor cos gastos, a tripulación non cobrará nada tralo sacrificio realizado. Despois de todo continuamos pensando que o pescado está caro? ou pola contra, non debería estalo aínda máis? Toda esta xente depende de como soplan os ventos, das correntes do mar e mesmo dos prezos. O único realmente certo é o sacrificio que a diario estas persoas realizan e a desesperación de toda unha familia ante a ausencia e a sempre desconfianza de se todo irá ben...
María
2 comentarios:
Sen dúbida un traballo pouco recompensado...ninguén lle ten máis respeto ó mar que eles...
Redactei esto tras ver unha reportaxe na tv, a verdade e que é un traballo ben duro.
Publicar un comentario