Hogano as discusións e as revoltas acaparan tódalas miradas respecto á nova lei que está a piques de ser levada a cabo, a chamada "Lei de economía sostible" máis coñecida como "Lei Sinde". Esa nova lei fará que moitas webs sexan pechadas evitando así a expansión dos seus contidos tanto de programas, como de música ou cine que ata o de agora se podían ver ou descargar de balde. Parece ser que intentan loitar contra a piratería pero o certo é que aínda non está moi claro quen son realmente os piratas.
Os artistas non serán prexudicados por este fenómeno baseado en copias dos seus productos, nin moito menos Internet os prexudica, todo o contrario, sérvelles de intermediario e de medio para a súa promoción. Pretenden que se protexan os dereitos de propiedade intelectual censurando os contidos propiamente intelectuais e culturais? E que foi da liberdade de expresión, ese non é un dereito que nos corresponde a todos? Catorce xuízos ditaron que as descargas de balde non atentaban contra ningún dereito, nin ían contra a lei. Debido as discrepancias que existían entre os xuíces españois e o goberno, decidiron por o tema en mans do propio Ministerio de Cultura en contra de todo principio de democracia. Creando unha xustiza paralela para os artistas ou máis ben as discográficas distinta a do resto de mortais. Pero... de verdade cren que se reduciría así a piratería? fora do noso país non existe tal prohibición, bastaría con colarse en webs doutros países. Internet ten unha cantidade de contido inmenso é en parte nos mesmos somos quen o creamos ao compartir información co resto de usuarios de forma libre. Si agora mesmo eu estou a escribir neste blog é grazas a esa liberdade de expresión que me brinda este medio.
Moitas películas españolas reciben diñeiro público e nos temos que mercar a prezo de ouro tal película para vela online e cunha calidade mediocre en imaxe e son. Xa é moi barata a conexión a Internet como para deixarnos o peto en algo que ata o de agora non custaba un céntimo. En países como Xapón que é un país emerxente economicamente dispoñen da banda ancha máis rápida do mundo mentres aquí nin liberdade temos para navegar a pesar do prezo máis que abusivo ao que estamos sometidos por unha velocidade de banda ancha cada vez máis baixa.
Por outro lado os cantantes e actores famosos non parecen estar moi afectados conducindo coches de alta gama e vivindo en palacios lonxe do alcance das clases sociais medias, fuxindo nalgúns casos cara outros países para non pagar impostos tan elevados como os do seu propio país. Porén, outros non podemos escapar do pago de impostos, nin de prezos abusivos, nin de manifestar as nosas opinións pese a ser a gran maioría e moito menos ser escoitados. O que de verdade é real é que en Internet non existen as fronteiras por moito que se empeñen en limitalas os intereses duns poucos.